QUEDA POUCO PARA …O SAMAÍN

Manualidades y recursos educativos para Halloween – Didactalia: material educativo.

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.
Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.
Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns ou cabazas e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.
E agora que xa sabedes algo máis… un pouquiño de diversión!
A bruxa regaña dentes_video
Fiz, o coleccionista de medos
Michael Jackson Thriller Monster Mash (Music Video)